Ensaio táctico no campo 3 ante "unha oportunidade de facer un bo partido" en Castellón
O Dépor realizou esta mañá no campo 3 un ensaio táctico de cara ao encontro deste luns 17 de marzo ás 20:30 (LaLiga TV Hypermotion) ante o CD Castellón en Castalia primeiro cun exercicio con porterías pequenas e logo cun partido a tres cuartas partes de campo.
En rolda de prensa, Zakaria Eddahchouri asegura que nesta semana "temos que analizar ao CD Castellón. É o momento de facelo".
Ve o choque como "unha oportunidade de facer un bo partido, ter un bo resultado".
A xornada arrincou con vídeo e unha activación con rondos xa no campo 2.
Alberto foi o representante de #ANOSANTEIRA; mentres que Escudero, Gauto, Villares e Charlie Patiño estiveron hoxe con adestramento personalizado.
Retirouse antes aos vestiarios Jaime, cunha ferida nun talón.
Os Nosos adestraranse de novo mañá venres ás 11:00 na Cidade Deportiva.