RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Zakaria Eddahchouri asegura que en LaLiga Hypermotion, "os xogadores a nivel táctico e técnico son moi bos"

Zakaria Eddahchouri pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

O dianteiro deportivista asegura que "o meu proceso de adaptación vai ben. Estou moi contento de estar aquí". "A cidade é preciosa. Vai todo moi ben. A xente é moi cálida, moi agradable, axúdame moito. Estou moi contento de estar aquí", reitera.

Mostrouse sorprendido por LaLiga Hypermotion: "O nivel é moi bo. Os xogadores a nivel táctico e técnico son moi bos. Hai moi bo nivel. Cos meus compañeiros a relación é moi boa. Tentamos axudarnos todos desde o principio da semana".

Recalca que a competición española é similar á holandesa, "as dúas tentan facer un tipo de fútbol baseado na posesión. Aquí o fútbol é máis físico aínda que hai similitudes entre as dúas ligas".

Réstalle importancia Zakaria aos goles que marque porque "o que quero é axudar ao equipo. O número de goles non é a prioridade".

Practicante da relixión musulmá e do Ramadán (noveno mes do calendario islámico, respectado por musulmáns como o mes do xaxún desde a saída do sol até a posta) apunta que "como levo 12 anos facéndoo para min é fácil adaptarme, prepararme a nivel físico. Teño que comer ben pola mañá e tentar ter enerxía. E logo a nivel mental tamén prepararme". 

Finalmente Eddahchouri admite que os resultados do equipo son mellor fóra que en ABANCA-RIAZOR aínda que pensa que "a liga é moi apertada. Non hai moita distancia entre os que están arriba e os de abaixo. Non creo que xoguemos mellor fóra senón que a competición é moi axustada".