RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril recupera o liderado tralo seu claro triunfo en Abegondo ante o Viveiro CF

O Fabril sumou 3 puntos máis en Abegondo no seu partido ante o Viveiro CF (6-0), correspondente á 7ª xornada en Tercera RFEF.

Nájera en 2 ocasións e Martín Ochoa sentenciaron antes do descanso, plasmando así a clara superioridade fabrilista ante un rival con urxencias clasificatorias e en postos de descenso.

Tralo paso polos vestiarios, Óscar Gilsanz comezou as rotacións pero o Fabril seguiu acosando á meta viveirense. Martín Ochoa anotou 2 tantos máis e Iván redondeou o resultado.

Con este marcador, o filial deportivista suma 15 puntos e recupera o liderado da categoría por encima do Arosa SC e Racing Villalbés, segundos con 14 puntos.

Fabril: Ríos, Marc, Barcia, Puerto, Iano Simão, Brais Val, Barba, Jesús Ares, Diego Gómez, Nájera e Martín Ochoa. Tamén xogaron: Fito, Currás, Iván, Marcel e Jairo.

A próxima fin de semana, o Fabril visita no campo vigués de Barreiro ao Gran Peña FC.

Os resultados do Fabril en liga son os seguintes:

UD Paiosaco 0 - Fabril 1 (Diego Gómez)
Fabril 1 (Dani Barcia) - Alondras CF 1
Fabril 2 (Jairo e Diego Gómez) - Arosa SC 1
CD Estradense 2 - Fabril 2 (Nájera -2-)
Fabril 4 (Nájera -2- e Martín Ochoa -2-) - CSD Arzúa 0
Rápido de Bouzas 0 - Fabril 0
Fabril 6 (Nájera -2-, Martín Ochoa -3- e Iván) - Viveiro CF 0