Desde o RC Deportivo lamentamos profundamente o comunicado emitido onte polos ex xogadores Bebeto e Mauro Silva, cos que sempre mantivemos unha excelente relación e así queremos que siga sendo. Con respecto á axenda de ambos na Coruña, o club expuxo unha primeira proposta asumindo todos os custos da viaxe, sempre con posibilidade de realizar cambios para adaptala ás súas necesidades. Reiteramos que estivemos, estamos e estaremos a disposición de ambos para solucionar calquera cuestión que poida supor unha traba para poder celebrar unha homenaxe tan merecida e desexada pola nosa afección e por todos nós.
Seguimos á espera de poder falar de forma directa con eles, entendendo as dificultades da diferenza horaria, para solicitar toda a información e reconducir o que estamos convencidos de que foi un malentendido, xa que todo o relacionado cos voos, estancia e axenda principal de toda a visita estaba acordado desde hai semanas sen ningún problema, e houbo un contacto permanente cos ex xogadores ata horas antes da emisión do seu comunicado.
Para o RC Deportivo é moi importante poder contar no Teresa Herrera con dous símbolos do deportivismo como Bebeto e Mauro, que representan unha etapa imborrable para toda a cidade da Coruña. Por encima de calquera malentendido está o noso único obxectivo: que o Teresa Herrera sexa unha bonita homenaxe a dous ídolos do deportivismo e unha merecida festa para a nosa afección.