RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril FC Benxamín, subcampión do Torneo Delegación

O Fabril FC Benxamín, que a pasada fin de semana proclamouse en Polonia subcampión da VII edición da International Steel Cup, perdeu (2-3) no campo da Marola (Mera) co Victoria CF na gran final do Torneo Delegación e colgouse a medalla de prata.

Andrés Valencia e Mateo Cardelle foron os goleadores fabrilistas nunha disputada e entretida final.

Fabril FC Benxamín: Samuel Rodríguez, Andrés Valencia, Álex Casado, Mateo Cardelle, Yago Prieto, Mateo Songo'o, Breogán Díaz e Alberto Novo. Tamén xogaron: Antar Teijeiro, Diego Castelo e Leo Lorenzo.

Os resultados do Fabril FC Benxamín nesta Fase Final do Torneo Delegación, á que accedeu o equipo de Alberto Bonigno e Sergio Maurente como campión do subgrupo C3, foron os seguintes:

Semifinal
Fabril FC Benxamín 2 (Leo Lorenzo e Alberto Novo) - ED Luis Calvo Sanz 2. A penaltis: 8-7.

Final
Fabril FC Benxamín 2 (Andrés Valencia e Mateo Cardelle) - Victoria CF 3