A Asociación de Clubes Galegos de Fútbol recoñece este venres a gran temporada do Fabril
A Fabril copa varios premios na XII Gala da Asociación de Clubes Galegos de Fútbol - ProLiga, que terá lugar mañá venres 30 de xuño ás 20:30 no Hotel Congreso de Santiago de Compostela.
Os fabrilistas serán galardoados como equipo campión de Tercera RFEF, o que supuxo o ascenso a Segunda RFEF; e como club máis deportivo da categoría, este por segunda temporada consecutiva.
Ademais, Óscar Gilsanz, que acaba de renovar o seu contrato por dúas temporadas máis, foi nomeado pola Asociación de Clubes Galegos de Fútbol - ProLiga mellor adestrador da categoría e o xuvenil Martín Ochoa será recoñecido como máximo goleador de Terceira RFEF.
O cadro colle forma
Coas renovacións de Hugo Ríos por dúas temporadas (até 30 de xuño de 2025), e de Brais Val, Álex Barba e Iano Simão por unha (30 de xuño de 2024), o Fabril 2023-24 vai tomando forma.
Á espera dos movementos que, como filial que é, póidanse producir de xogadores cara ao primeiro equipo ou desde xuvenís ao propio Fabril, neste momento, os futbolistas con contrato para a próxima temporada son:
Porteiros: Hugo Ríos e Brais Suárez. Defensas: Marc Lachèvre, Quique Teijo, Ángel Puerto, Alejandro Pereira e Iano Simão. Centrocampistas: Brais Val, Álex Barba, Rubén López, Jairo Noriega, Diego Gómez e Iñaki Leonardo. Dianteiros: Tim Caroutas, Mario Nájera, Jesús Ares, David Mella e Martín Ochoa.