A Fundación RC Deportivo, xunto coa Fundación LaLiga, colabora cos campos xordanos de refuxiados Za'atari e Azraq
No marco do proxecto LALIGA Za'atari & Azraq Social Project, a Fundación RC Deportivo colabora nos campos de refuxiados de Za'atari e Azraq, ambos en Xordania. Neste propósito, posto en marcha polo departamento de Proxectos Deportivos de LALIGA e a FUNDACIÓN LALIGA, coa colaboración da AFDP Global (Association Football Development Programme), aplicarase un sistema de puntuación que non só ten en conta os bos desempeños deportivos dos mozos e mozas participantes, senón que tamén valora os bos comportamentos e as aprendizaxes socio educativos. Desta maneira foméntase a deportividade, o respecto polo rival ou o compañeirismo, e de forma intrínseca, a convivencia, a igualdade e a tolerancia entre todos os beneficiarios do proxecto.