Emocionante xornada de convivencia en Abegondo dos alumnos e alumnas de Outes, Zas e o Colexio Jesuitinas da Escola RC Deportivo
A Escola RC Deportivo viviu este sábado 8 de marzo en Abegondo unha emocionante xornada de convivencia destinada aos alumnos e alumnas das sedes de Outes, Zas e do Colexio Jesuitinas.
En total uns 100 nenos e nenas gozaron dunha tarde na que até o mal tempo concedeu unha tregua.
Ás 16:00 foron chegando os participantes á instalación branquiazul.
A continuación, Diego Gómez e Zakaria Eddahchouri foron protagonistas. Houbo fotografías, firma de autógrafos e moitos sorrisos.
A tarde concluíu cunha serie de competicións e xogos con balón dirixidos polos monitores.
En Zas están en marcha 5 quendas: Luns ás 16:30, 17:30 e 18:30; e mércores ás 17:00 e ás 18:00 horas.
Pola súa banda, A Escola RC Deportivo no Colexio Jesuitinas están destinada a todos os alumnos/as dese centro que desexen participar. Calquera centro que desexe crear unha Escola RC Deportivo dentro do seu programa de actividades pode contactar coa Dirección en escola@rcdeportivo.es.
A pasada semana, as sedes da Escola RC Deportivo en Alvedro, Sada e o Colexio Internacional de Eirís recibiron a visita de varias futbolistas do Dépor ABANCA como Raquel, Marina Artero, Millene, Vera Martínez ou Paula Novo.
A Escola RC Deportivo atópase no segundo trimestre para 400 nenos e nenas repartidos nestas sedes: Alvedro, Outes, Colexio Jesuitinas, Colexio Internacional Eirís, Sada e Zas.
Esta escola de fútbol, que vai de outubro a maio, está dirixida a todos os nenos e nenas entre 6 e 14 anos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo, independentemente do seu nivel de práctica.
Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.