Tres partidos adiantáronse ao fin de semana en ANOSACANTEIRA.
Esta tarde, o Alevín empatou en Abegondo (1-1) co CD Lugo na 2ª xornada do grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.
Os branquiazuis suman así 4 puntos nestes primeiros dous partidos da competición.
Onte xoves na Cidade Deportiva, o Fabril FC Alevín igualou sen goles (0-0) co Ural Español CF en choque da 18ª xornada na Primera A Coruña de fútbol 8 adiantado ao fin de semana debido á participación do cadro fabrilista nun torneo en Ginebra (Suíza).
Con este marcador, o Fabril FC Alevín é 5º na táboa con 27 puntos.
E o mércores, o Alevín A impúxose (6-0) ao CD Calasanz en choque correspondente á xornada 17ª na Primera A Coruña de fútbol 8 disputada a pasada fin de semana, e que foi aprazado no seu día debido á participación do conxunto branquiazul nun torneo amigable en León.
Con este resultado, o conxunto de Alberto Suárez lidera en solitario o grupo con 43 puntos por 34 do Ural Español CF, 2º na táboa cun partido máis.
Mañá sábado 8, ademais do Alevín A e os dous equipos benxamíns na Torre, xogan en casa o Cadete ante o Escola Fútbol DSF (12:00 en Abegondo) e o Infantil ante o Ourense CF (11:00, Abegondo); ademais do Xuvenil B en Vigo ante o CD Areosa (11:15).
O domingo 9 destaca o encontro entre o Fabril, 5º na Segunda Federación cun partido menos xogado, ante o Rayo Cantabria, ás 12:00 (Youtube RC Deportivo) en Abegondo.
Os fabrilistas chegan ao choque após o triunfo en Escobedo (0-1) cun gol de Alfaro case no desconto.
O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.
Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
Co Fabril, o Xuvenil A visita ao Pontevedra CF (12:15) e o San Tirso SD Infantil ao UD Santa Mariña (12:30); mentres que o San Tirso SD Cadete recibe ás 12:00 no Monte ao ED Xuventude de Oroso.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
26ª xornada: FABRIL - RAYO CANTABRIA, o domingo 9 de marzo ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: ... 4. Real Avilés Industrial, 40 puntos; 5. Fabril (un partido menos), 37 puntos, 6. UP Langreo, 35 puntos; 7. Real Valladolid Promesas e Salamanca CF UDS, 34 puntos... 11. Rayo Cantabria, 32 puntos...
Categoría xuvenil
24ª xornada: PONTEVEDRA CF - XUVENIL A, o domingo 9 de marzo ás 12:15 no campo Manolo Barreiro 2
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta (un partido menos), 60 puntos; 2. Xuvenil A, 59 puntos; 3. Sporting de Gijón e Racing de Santander, 45 puntos... 13. Pontevedra CF (un partido menos), 22 puntos...
23ª xornada: CD AREOSA - XUVENIL B, o sábado 8 de marzo ás 11:15 no campo da Xunqueira (Comesaña, Vigo)
Clasificación da liga Nacional: 1. RC Celta B, 55 puntos; 2. Xuvenil B (un partido menos), 52 puntos; 3. Coruxo FC e Pabellón Ourense CF, 43 puntos... 15. CD Areosa (un partido menos), 17 puntos...
Categoría cadete
22ª xornada: CADETE - ESCOLA FÚTBOL DSF, mañá sábado 8 de marzo ás 12:00 en Abegondo (campo 6)
22ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - ED XUVENTUDE DE OROSO, o domingo 9 de marzo ás 12:00 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 63 puntos; 2. Cadete, 58 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 45 puntos; 4. Arosa SC e SD Compostela, 37 puntos; 6. San Tirso SD Cadete e Pabellón Ourense CF, 35 puntos; 8. Ural Español CF e CD Areosa, 32 puntos... 13. Escola Fútbol DSD, 20 puntos... 18. ED Xuventude de Oroso, 10 puntos
Categoría infantil
20ª xornada: INFANTIL - OURENSE CF, mañá sábado 8 de marzo ás 11:00 en Abegondo (campo de herba sintética)
20ª xornada: UD SANTA MARIÑA - SAN TIRSO SD INFANTIL, o domingo 9 de marzo ás 12:30 no campo de Cotogrande (Vigo)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 55 puntos; 2. RC Celta, 54 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 41 puntos... 5. ED Val Miñor Nigrán, 35 puntos; 6. San Tirso SD Infantil, 33 puntos; 7. CD Conxo Santiago, 28 puntos... 14. Ourense CF, 9 puntos... 16. UD Santa Mariña, 6 puntos
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 2ª xornada: ALEVÍN A 1 (Hugo Álvarez) - CD LUGO 1
17ª xornada (mércores 5): ALEVÍN A 6 (Hugo Álvarez -2-, Hugo Quintela, Alejandro Astray, Mateo Cortizas e Thiago López) - CD CALASANZ 0
18ª xornada: IMPERÁTOR OAR - ALEVÍN A, mañá sábado 8 de marzo ás 10:30 na Torre (campo 1.2)
18ª xornada (xoves 6): FABRIL FC ALEVÍN 0 - URAL ESPAÑOL CF 0
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A, 43 puntos; 2. Ural Español CF (un partido máis), 34 puntos; 3. CD Calasanz e Atlético Coruña Montañeros CF (un partido máis), 28 puntos; 5. Fabril FC Alevín (un partido máis), 27 puntos; 6. Victoria CF, 26 puntos; 7. Orillamar SD, 10 puntos; 8. Imperátor OAR, 3 puntos...
Categoría benxamín
18ª xornada: CD CALASANZ - BENXAMÍN A, mañá sábado 8 de marzo ás 10:30 na Torre (campo 1.1)
18ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, mañá sábado 8 de marzo ás 12:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º: 1. Benxamín A, 51 puntos; 2. Fabril FC Benxamín, 45 puntos; 3. Ural Español CF, 37 puntos; 4. CD Calasanz, 31 puntos... 7. Atlético Coruña Montañeros CF, 21 puntos...