Fran Alonso asegura estar "contento co traballo do equipo, por como estamos a traballar"
Fran Alonso manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que o Athletic Club, rival este domingo ás 12:00 (Dazn, Gol Play e TVG) en Lezama, é un equipo "con moitísima mobilidade, son rapidísimas sobre todo arriba. É un equipo moi perigoso e que está ben traballado".
No entanto, asegura que "nós mostramos unha solidez defensiva tanto en casa como fóra contra equipos da parte alta da táboa. O plan de partido pode ser moi similar, tentar ser moi sólidas e explotar as súas debilidades, que non teñen moito pero si algunha, para tentar traer os 3 puntos ou polo menos un resultado positivo".
Iso si, advirte que "temos que estar ao 100%. Todo o que sexa menos nos vai a custar porque o Athletic é un equipo moi bo que está na parte alta da táboa".
O técnico deportivista cre que o Dépor ABANCA "creceu moito" no aspecto ofensivo. "Fallamos ocasiones pero non se se marcamos 14 goles, os números son mellores. Podemos mellorar e de feito traballamos todas as semanas", engadiu.
Na súa opinión, "o éxito está no crecemento do equipo. Competimos agora contra calquera rival, independentemente da situación na táboa. Sacamos resultados positivos en campos dificilísimos e temos moita confianza. Encantaríanos meter máis goles pero mostrando esa solidez defensiva, esa competición, eses niveis de enerxía podemos competir contra calquera e sacar puntos de calquera campo".
Por todo iso, conclúe afirmando estar "contento co traballo do equipo, por como estamos a traballar".