Alevín A e Infantil arrincaron hoxe xoves 6 de decembro a semana de torneos amigables para #ANOSACANTEIRA.
O Alevín A, campión do Trofeo do Laracha CF
O Alevín A representou ao RC Deportivo na 6ª edición do Torneo do Laracha CF, que se disputou no Municipal de Laracha hoxe xoves 6 de decembro, día festivo.
O conxunto deportivista foi brillante campión do torneo, após imporse na final ao Ural CF (5-0).
Os resultados do equipo que prepara Roberto Veres foron os seguintes:
ALEVÍN A 8 (Rubén -5-, Bruno -2- e Álex) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0
ALEVÍN A 4 (Xenxo -2-, Mosquera e Samuel) - ATLÉTICO ARTEIXO 0
ED LUÍS CALVO SANZ 1 - ALEVÍN A 2 (Janusz e Trillo)
Cuartos de final
ALEVÍN A 0 - IMPERÁTOR OAR 0. Por penaltis: 3-1
Semifinais
ALEVÍN A 8 (Raúl -3-, Álex -2-, Bruno, Xenxo e Eder) - DUBRA SD 0
Final
ALEVÍN A 5 (Xenxo -2-, Mosquera, Eder e Janusz) - URAL CF 0
Un Infantil branquiazul levou o 2º Torneo do CD Lugo
Un Infantil do Dépor competiu hoxe xoves 6 de decembro, día festivo, na 2ª edición do Torneo do CD Lugo.
O conxunto branquiazul mediuse pola mañá ao CD Lugo no campo das Gándaras na primeira semifinal. Gañaron os deportivistas (1-3), con tantos de Dani -2- e Lucas.
A final foi pola tarde, co Sporting de Gijón, que derrotou ao RC Celta en semifinais, como rival. De novo gañou o Infantil branquiazul (2-0), grazas aos goles de Pablo Seco e Guerrero.
Ademais, Pablo Seco foi nomeado mellor xogador do torneo.
O Cadete A arrinca mañá o Torneo Internacional Vila de Cabanillas
O Cadete A de o Dépor participa esta semana na 27ª edición do Torneo Internacional Vila de Cabanillas (Navarra).
A competición, que irá de hoxe xoves 6 ao domingo 9 de decembro xógase nos municipios de Cabanillas, Azagra, Lodosa, Ribaforada e Milagro.
O conxunto deportivista arrinca o torneo mañá venres 7, coa Fase de Grupos en Ribaforada. O calendario inicial é o seguinte:
Venres 7 de decembro
11:30: FC BARCELONA - CADETE A
16:00: CADETE A - LEVANTE UD
O primeiro de grupo xogará as semifinais, previstas para o sábado 8 ás 16:00 en Cabanillas.
O resto de equipos disputará unha Fase de Consolación ese mesmo sábado pola mañá en Milagro e Ribaforada.
Para participar no devandito torneo, o Cadete A adiantou o seu partido ligueiro correspondente á 14ª xornada da División de Honra do xoves 6 ante o Bergantiños CF a onte mércores 5 en Abegondo.
E o choque da xornada 15ª, prevista para o sábado 8 ou domingo 9 ante a UD Santa Mariña, atrásase ao xoves 13 de decembro ás 17:00 en Cotogrande (Vigo).
Alevín A e Benxamín A, ao Torneo Internacional Tucho da Torre
Dous equipos de #ANOSACANTEIRA, Alevín A e Benxamín A, competirán o vindeiro sábado 8 de decembro no campo de San Pedro en Marín (Pontevedra) na IV edición do Torneo Internacional Tucho de la Torre de fútbol-8 organizado pola Escola de Fútbol Vila de Marín.
O Alevín A quedou encadrado na Primeira Fase co EF Vila de Marín, FC Porto, Real Valladolid e Real Oviedo.
O seu calendario de partidos, todos no campo 1, é o seguinte:
Sábado 8 de decembro
Primeira Fase
10:30: ALEVÍN A - EF VILA DE MARÍN
12:30: REAL VALLADOLID - ALEVÍN A
14:30: FC PORTO - ALEVÍN A
17:00: REAL OVIEDO - ALEVÍN A
O catro primeiros clasificados pasan a cuartos de final, que se xogarán a partir das 19:30 horas. O domingo 9 disputaranse as semifinais e a gran final.
Pola súa banda, o Benxamín A terá en primeira instancia estes rivais: EF Vila de Marín, equipo finalista da Fase Previa, FC Porto e Sporting de Gijón.
O calendario de partidos do conxunto deportivista, todos no campo 1, é o seguinte:
Sábado 8 de decembro
Primeira Fase
11:00: BENXAMÍN A - EF VILA DE MARÍN
13:00: FC PORTO - BENXAMÍN A
15:30: FINALISTA FASE PREVIA - BENXAMÍN A
17:30: SPORTING DE GIJÓN - BENXAMÍN A
O catro primeiros clasificados pasan a cuartos de final, que se xogarán a partir das 19:30 horas. O domingo 9 disputaranse as semifinais e a gran final.