RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
CADETES

O Cadete A leva os 3 puntos dun disputado partido ante un perigoso Ural CF

O Cadete A levou os 3 puntos dun equilibrado encontro ante o Ural CF (1-2), correspondente á 18ª xornada na División de Honra, primeira de 2019 e da segunda volta da liga. Novoa e Noel, ambos na primeira metade, foron os autores dos goles branquiazuis ante un rival da zona alta da táboa.

Con este resultado, o Cadete A suma 47 puntos e mantense na pelexa polo título co RC Celta, que ten 48 puntos.

Cadete A: Brais, Trilli, Mauro, Carracedo, Chucas, Axel, Padín, Antón, Noel, Hugo Suárez e Novoa. Tamén xogaron: Jairo, Braojos, Abele e Nils.

A próxima fin de semana, o Cadete A recibe en Abegondo ao Coruxo FC.

A liga marcha así para o equipo que dirixe Juan Villamisar:

Cadete A 1 (Dani Barcia) - Ural 0
Coruxo 1 - Cadete A 2 (Yago e Axel)
Cadete A 4 (Axel, Padín, Hugo e un futbolista rival en propia meta) - Lugo A 0
Ourense CF 0 - Cadete A 3 (Noel -2- e Axel)
Cadete A 2 (Padín e Jairo) - Celta 1
Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Cadete A 6 (Hugo -3-, Nils, Padín e Axel)
Cadete A 5 (Nils -3- e Padín -2-) - Racing de Ferrol 0
Victoria CF 0 - Cadete A 1 (Padín)
ED Val Miñor Nigrán 3 - Cadete A 3 (Noel, Padín e Jairo)
Cadete A 1 (Dani Barcia) - CD Calasanz 3
San Tirso SD A 0 - Cadete A 3 (Jairo e Padín -2-)
Cadete A 5 (Iago, Nils, Noel -2- e un futbolista rival en propia meta) - Pontevedra CF 1
CD Areosa 1 - Cadete A 1 (Axel)
Cadete A 6 (Braojos, Novoa, Hugo Suárez, Padín -2- e Nils) - Bergantiños CF 0
UD Santa Mariña 0 - Cadete A 7 (Dani Barcia, Nils, Noel, Padín, Hugo Suárez -2- e Abele)
Cadete A 4 (Trilli, Hugo Suárez -2- e Axel) - CD Conxo Santiago 0
Pabellón Ourense CF 1 - Cadete A 3 (Mauro, Hugo Suárez e Padín)
Ural CF 1 - Cadete A 2 (Novoa e Noel)