Entre onte martes e hoxe mércores houbo dous partidos oficiais (Cadete A e Benxamín A) e dous amigables (Alevín A e Benxamín B) en #ANOSACANTEIRA.
Esta tarde, o Alevín A impúxose (9-1) nun amigable disputado na cidade deportiva ao Caldas B de categoría infantil; con goles de Yago -2-, Meki, Domínguez, Diego, Baña, Carreira, Marcote e Javi.
Onte martes, a derrota do Cadete A fronte ao Ural (1-0) na División de Honra corresponde á xornada que foi aprazada a principio do mes de febreiro polo temporal de vento e choiva que azoutou eses días A Coruña.
E o choque do Benxamín A, que se saldou tamén con derrota deportivista ante o Calasanz (0-2), é da xornada do próximo fin de semana na Primeira Comarcal, que se adiantou a esta tarde pola festividade de Entroido.
Os resultados destes dous días de partidos foron os seguintes:
Categoría cadete
Partido pertencente á xornada 21: URAL 1 - CADETE A 0 Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 67 puntos; 2. Cadete A, 57 puntos; 3. Victoria, 44 puntos...
Categoría alevín
Amigable: ALEVÍN A 9 (Yago -2-, Meki, Domínguez, Diego, Baña, Carreira, Marcote e Javi) - CALDAS B (infantil) 1
Categoría benxamín
BENXAMÍN A 0 - CALASANZ 2 Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 57 puntos; 2. Olímpico A, 50 puntos...
Amigable: BENXAMÍN B 9 (Diego -3-, Nico -2-, Eder, Guille, Pablo e Xabi) - ORILLAMAR A 5