RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ALEVÍN A

O Alevín A finalizou con boas sensacións a Portimão International Cup

O Alevín A branquiazul competiu esta fin de semana en Portugal con motivo da Portimão International Cup.

Os rivais dos branquiazuis na Primera Fase, por esta orde, foron o FC Twente (Holanda), Crystal Palace FC (Inglaterra), AFC Progresul 1944 (Romanía), JRS Academy (Estados Unidos), FC Inter de Milan (Italia), Malmo FF (Suecia) e Elite JR FC (Inglaterra).

Despois de acceder á Fase Final, o equipo que dirixe Alberto Suárez mediuse hoxe domingo a equipos como o Parma italiano; ou o Middlesbrough ou Leeds United ingleses.

Finalmente, o Alevín A acabou o torneo en 14ª posición sobre un total de 32 equipos.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Sábado 15 de marzo
Primeira Fase
ALEVÍN A 0 - FC TWENTE 0
ALEVÍN A 1 (Nacho Villanueva) - CRYSTAL PALACE FC 1
ALEVÍN A 2 (Nacho Villanueva -2-) - AFC PROSEGUL '1944' 0
ALEVÍN A 1 (Thiago López) - JRS ACADEMY 1
INTER DE MILAN 0 - ALEVÍN A 0
MALMO FF 1 - ALEVÍN A 1 (Mateo Cortizas)
ALEVÍN A 3 (Hugo Álvarez -2- e Nacho Villanueva) - ELITE JR FC 0

Domingo 16 de marzo
Fase Final
ALEVÍN A 0 - PARMA CALCIO '1913' 1
ALEVÍN A 1 (Mateo Cortizas) - POLISH SOCCER SKILLS FOUNDATION 1. A penaltis: 2-3
ALEVÍN A 1 (Nacho Villanueva) - MIDDLESBROUGH FC 1. A penaltis: 2-1
ALEVÍN A 0 - LEEDS UNITED 6

O Alevín A acaba de concluír en primeira posición o grupo 1º da Primera A Coruña de fútbol 8.

Ademais, debido a este torneo en Portugal, o seu partido correspondente á 3ª xornada o Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 ante o Galicia Caranza pasará a xogarse este martes 18 de marzo ás 17:15 no Municipal de Caranza.