RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, hoxe domingo con triunfo e liderado para o Dépor ABANCA B

O partido do Dépor ABANCA B hoxe domingo en Abegondo ante o Victoria CF, correspondente á 24ª xornada na Tercera Federación, foi o partido máis destacado en ANOSACANTEIRA feminina.

As Nosas venceron (3-0) con goles de Laura Otero e Michi Apóstol -2-  e recuperaron o liderado da categoría posto que o Olímpico de León, que levaba 2 puntos de vantaxe, caeu en Vigo ante o Sárdoma CF (2-1).

Ademais, o Orzán SD Xuvenil goleou ao CF Dumbría (7-2) e o Orzán SD Infantil A (na foto inferior) caeu co Victoria CF (3-0) na última xornada da Liga Galega. Con este resultado, as orzanistas acaban a liga en 2ª posición con 48 puntos.

Onte sábado 15 unicamente xogouse un partido: o Orzán SD Cadete superou por 0-2 en San Pedro de Visma ao Victoria CF, outro dos candidatos ao primeiro posto.

Con este resultado, as orzanistas lideran en solitario o grupo con 48 puntos por 45 as blanquinegras.

Finalmente teñen descanso o Orzán SD Sub-21 na Primera Autonómica posto que o seu rival, a Escuela FB Amistade, retirouse da competición; e o Orzán SD Infantil B, que finalizou o grupo 1º da Liga Galega en 5ª posición con 27 puntos.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Tercera Federación
24ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 0 (Michi Apóstol -2- e Laura Otero) - VICTORIA CF 0

Segunda Autonómica
23ª xornada: ORZAN SD XUVENIL 7 (Marta Moreno -2-, Sara Montes -2-, Alexia Freire -2- e Ángela Cotelo) - CF DUMBRÍA 2

Liga Galega cadete
19ª xornada: VICTORIA CF 0 - ORZÁN SD CADETE 2 (Daniela Macedo e Ángela Cotelo)

Liga Galega infantil
18ª xornada (última): VICTORIA CF 3 - ORZÁN SD INFANTIL A 0