RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA e calendario de mañá domingo, co Fabril en Guijuelo

Mañá domingo 16 de marzo destaca en #ANOSACANTEIRA o partido do Fabril en Guijuelo (17:00), o primeiro de tres nunha semana para os branquiazuis.

Os fabrilistas chegan cunha dolorosa derrota en Abegondo ante o Rayo Cantabria despois de xogar en inferioridade numérica desde o minuto 70.

Son baixa para o encontro no Municipal Luis Ramos Noé e Pablo García, tal e como confirmou Manuel Pablo en rolda de prensa; ademais de Marotías e Jaime Garrido, sancionados polas súas expulsións ante os cántabros.

Ademais do Fabril, queda a visita do San Tirso SD Cadete ao CD Lugo, prevista para as 12:00 no Municipal Rodríguez Lago 1.

Hoxe sábado 15 o único partido en casa foi o do San Tirso SD Infantil, no Monte ante o Victoria CF (1-2).

Competiu fóra o Cadete en Vigo ante o CD Areosa (0-4) e o Infantil en Ferrol ante o Racing (3-2). Ambos os equipos pelexan polo liderado da División de Honra.

O partido de Liga Nacional entre o Xuvenil B e o Ural Español CF, correspondente á 24ª xornada, onte venres en Abegondo abriu o calendario de fin de semana en ANOSACANTEIRA.

Venceron os branquiazuis (3-2) grazas aos goles de Xian, Mauro e Miguel de Labra.

Ten descanso ligueiro esta semana o Xuvenil A; ademais dos dous equipos alevíns e os dous benxamíns, unha vez finalizada a liga no grupo 1º da Primera A Coruña de fútbol 8.

Neste caso, o Alevín A, o Benxamín A e o Fabril FC Benxamín clasificáronse para a Fase Intermedia.

O partido correspondente á 3ª xornada no grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 ante o Galicia Caranza xogarase o martes 18 debido á participación do alevín deportivista nun torneo amigable en Portugal.

Finalmente, esta semana os deportivistas Brais Araújo, Mateo Cortizas, Thiago López e Xiao Fontao; xunto a Nacho Villanueva do San Tirso SD Infantil participaron nun amigable coa selección galega sub-12 en Meis ante o EF Portero 2000.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
27ª xornada: CD GUIJUELO - FABRIL, mañá domingo 16 de marzo ás 17:00 no Estadio Municipal Luis Ramos

Categoría xuvenil
Liga Nacional, 24ª xornada: XUVENIL B 3 (Xian, Mauro e Miguel de Labra) - URAL ESPAÑOL CF 2

Categoría cadete
División de Honra, 23ª xornada: CD AREOSA 0 - CADETE 4 (Nico, Borja, Elías Trigo e un futbolista rival en propia meta)
División de Honra, 23ª xornada: CD LUGO - SAN TIRSO SD CADETE, mañá domingo 16 de marzo ás 12:00 no Municipal Rodríguez Lago 1 (Lugo)

Categoría infantil
División de Honra, 21ª xornada: RACING DE FERROL 3 - INFANTIL 2 (Mateo Varela e Pablo Cillero)
División de Honra, 21ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Carlos Crespo) - VICTORIA CF 2

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 3ª xornada: GALICIA CARANZA - ALEVÍN, o martes 18 de marzo ás 17:15 no Municipal de Caranza