RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA feminina e calendario de mañá domingo; con citas en Abegondo, La Torre e San Pedro de Visma

O partido do Dépor ABANCA B mañá domingo ás 16:30 en Abegondo ante o Victoria CF, correspondente á 24ª xornada na Tercera Federación, é o partido máis destacado en ANOSACANTEIRA feminina.

As Nosas chegan após o triunfo en ABANCA-Balaídos do pasado sábado e en 2ª posición da táboa, a 2 puntos do Olímpico de León.

Hoxe sábado 15 unicamente xogouse un partido: o Orzán SD Cadete superou por 0-2 en San Pedro de Visma ao Victoria CF, outro dos candidatos ao primeiro posto.

Con este resultado, as orzanistas lideran en solitario o grupo con 48 puntos por 45 as blanquinegras.

Mañá domingo, ademais do Dépor ABANCA B, o Orzán SD Xuvenil mídese ao CF Dumbría (16:30 na Torre) e o Orzán SD Infantil A ao Victoria CF (10:00, San Pedro de Visma 2) na última xornada da Liga Galega. Ambos os equipos chegan a esta última cita empatados a puntos.

Finalmente teñen descanso o Orzán SD Sub-21 na Primera Autonómica posto que o seu rival, o Escuela FB Amistade, retirouse da competición; e o Orzán SD Infantil B, que finalizou o grupo 1º da Liga Galega en 5ª posición con 27 puntos.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera Federación
24ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VICTORIA CF, mañá domingo 16 de marzo ás 16:30 en Abegondo

Segunda Autonómica
23ª xornada: ORZAN SD XUVENIL - CF DUMBRÍA, mañá domingo 16 de marzo ás 16:30 na Torre (campo 1)

Liga Galega cadete
19ª xornada: VICTORIA CF 0 - ORZÁN SD CADETE 2 (Daniela Macedo e Ángela Cotelo)

Liga Galega infantil
18ª xornada (última): VICTORIA CF - ORZÁN SD INFANTIL A, mañá domingo 16 de marzo ás 10:00 en San Pedro de Visma 2