O Alevín mídese mañá martes ao Galicia Caranza na 3ª xornada do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11
Debido á súa participación esta pasada fin de semana na Portimão International Cup, o Alevín A disputará mañá martes 18 de marzo ás 17:15 no Municipal de Caranza ante o Galicia Caranza o seu partido correspondente á 3ª xornada o Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.
Até a data, os branquiazuis levan un triunfo ante o Xallas FC (0-10) e un empate en Abegondo fronte a CD Lugo (1-1).
O Alevín A tamén acaba de concluír en primeira posición o grupo 1º da Primera A Coruña de fútbol 8.