RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O campo de Ganzábal, en Langreo, acollerá o partido da primeira rolda de Copa del Rey entre CD Covadonga e Dépor

O partido da primeira eliminatoria da Copa del Rey entre o CD Covadonga e o RC Deportivo disputarase finalmente no campo de Ganzábal, na localidade de Langreo, a 25 quilómetros de Oviedo, no horario previsto, o mércores 1 de novembro ás 17:00 horas.

O club ovetense recibiu inicialmente a negativa da RFEF a disputar o partido no seu campo Juan Antonio Álvarez Rabanal. A posteriori, o CD Covadonga solicitou ao Real Oviedo a cesión do estadio Nuevo Carlos Tartiere, pero o club carbayón non accedeu ás súas peticións.

O RC Deportivo ofreceu ao conxunto asturiano o Estadio ABANCA-RIAZOR pero a RFEF trasladou que o encontro debe disputarse na comunidade autónoma de Asturias.

O club asturiano agradeceu nun comunicado o ofrecemento da entidade coruñesa, así como as do CD Mosconia, Caudal Deportivo de Mieres, El Berrón FC, Ribadeo FC, o alcalde de Siero e, por suposto, a do UP Langreo. Tamén comunicou que proximamente informará sobre o sistema de venda de entradas para o encontro.