Os Nosos deseñaron esta mañá o plan e así "concentrarnos en cada partido, pensar no partido da semana"
O Dépor deseñou esta mañá o plan de partido con nova sesión de adestramento de alta carga táctica entre os campos 2 e 3 da Cidade Deportiva.
Co equipo instalado na zona media da táboa de LaLiga Hypermotion a medio camiño entre o play off e a zona perigosa, Nemanja Tošić advirte que "non podemos pensar nun futuro tan afastado. Temos que concentrarnos en cada partido, pensar no partido da semana" en referencia á visita do Cádiz CF a ABANCA-RIAZOR prevista para este domingo 6 de abril ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e #Vamos).
"Está todo moi apertado e temos que concentrarnos no seguinte partido", insiste o lateral zurdo deportivista.
A xornada arrincou con vídeo no vestiario, e unha activación con rondos e unha tarefa de velocidade".
Exercitáronse á marxe do grupo Gauto e Obrador, con Ximo Navarro en repouso deportivo.
Así mesmo, Escudero fai as tarefas condicionado ao seu proceso de recuperación.
Tošić advirte que "calquera equipo necesita a todo o seu cadro para competir. Espero que estean pronto outra vez".
No entanto, pensa que "é normal que nunha temporada tan larga que haxa lesións e que os xogadores teñan un pequeno descanso antes de volver".
Alberto e Mardones foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.
Mañá venres 4 de abril Os Nosos adestraranse de novo a partir das 11:00 na Cidade Deportiva.