O Dépor, centrado desde mañá no partido da Malata "con toda a ilusión do mundo e a responsabilidade que leva"
O Deportivo, hoxe martes con xornada de descanso, inicia mañá mércores unha semana de preparación para un partido "de ti a ti" este sábado 29 de marzo ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion) na Malata ante o Racing de Ferrol, tal e como o definiu Diego Villares na zona mixta de ABANCA-RIAZOR o pasado domingo.
Os resultados da última xornada, co empate ante o FC Cartagena, deixaron a Os Nosos na 14ª posición de LaLiga Hypermotion con 42 puntos.
O capitán branquiazul advirte que "por mala temporada que leve o Racing sabemos o nivel que ten e non nos podemos fiar".
En termos parecidos expresouse Iván Barbero ante os medios de comunicación: "É un partido bonito de xogar para as dúas afeccións, preto de casa, con moitos desprazados. Seguro que teremos o apoio de #ANOSAFORZA e tentaremos sacar os 3 puntos para darlles unha alegría á nosa xente".
O dianteiro andaluz tampouco considera favorito ao Dépor e pensa que "os partidos se deciden por pequenos detalles e imos ter que estar moi concentrados porque nos van a pór as cousas moi difíciles".
Cre que desde mañá "temos que empezar a preparar o partido con toda a ilusión do mundo e a responsabilidade que leva para conseguir os 3 puntos".
Óscar Gilsanz disporá de 3 sesións de traballo matinais en Abegondo, con almorzo e comida para o cadro na propia instalación.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Mércores 26 de marzo 11:00 h.
Xoves 27 de marzo 11:00 h.
Venres 28 de marzo 11:00 h.
Sábado 29 de marzo 16:15: Racing de Ferrol - Deportivo, na Malata