RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor regresa ao céspede de Abegondo consciente de "pelexar todos os partidos"

Despois da xornada de descanso de onte martes, o Dépor regresou ao céspede de Abegondo esta mañá.

En rolda de prensa, Álex Petxarroman é consciente que "hai que pelexar todos os partidos porque perdes un partido, gañan os de abaixo e xa estás outra vez en problemas".

Así pois, pide "centrarnos no noso, a tentar sacar os 3 puntos a fin de semana", concretamente este sábado 29 de marzo ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion) ante o Racing de Ferrol.

O lateral deportivista lembra que "dependemos de nós mesmos para o que sexa".

Óscar Gilsanz dispuxo unha activación con finalizacións, por grupos unha tarefa táctica no campo 3 simultánea a unha física no campo 2, e para concluír un primeiro ensaio do plan de partido.

Yeremay e Barbero, ademais de Escudero, realizaron a primeira parte da sesión co grupo e a continuación pasaron ao ximnasio.

Así mesmo, están con traballo personalizado Gauto, Jaime e Obrador.

Ximo Navarro atópase en repouso deportivo após a súa lesión o pasado domingo. Petxarroman, ante os medios de comunicación, lamentouse desa xogada no minuto 5 do encontro ante o FC Cartagena porque "á parte da expulsión, que ao final nos condicionou tamén o partido, tivo a mala sorte de que na caída pásalle o que lle pasa. É unha pena porque encima está a un moi bo nivel e é unha baixa sensible para o equipo".

Alberto, Samu, Mardones e Íker Vidal foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves, Os Nosos adestraranse de novo a partir das 11:00 en Abegondo.