O Infantil visita ao Atlético Coruña Montañeros CF na primeira xornada da División de Honra
O Infantil, vixente campéon de liga, visitará ao Atlético Coruña Montañeros CF na 1ª xornada da División de Honra prevista para o sábado 14 ou o domingo 15 de setembro, segundo o sorteo realizado na Federación Galega.
O Arosa SC, á semana seguinte, será o primeiro rival en Abegondo.
Os branquiazuis pecharán a liga na Cidade Deportiva ante o Victoria CF o 30 de maio de 2025.
#ONOSODERBI co RC Celta, o outro gran aspirante o título, será o 9 de novembro en Abegondo (8ª xornada) e o 29 de marzo en Vigo (23ª xornada).
Ademais dos citados equipos, completan a División de Honra: AJ Lérez, San Tirso SD Infantil, CD Conxo Santiago, Racing de Ferrol, CD Lugo, Ourense CF, Escola de Fútbol DSF, ED Val Miñor Nigrán, Pabellón Ourense CF, CD Areosa, UD Santa Mariña e Arosa SC.
O formato de competición é de liga a dobre volta todos contra todos.