Finalizado o encontro no Estadio SkiFi Castalia, Os Nosos emprenden viaxe de regreso á Coruña por estrada, con chegada prevista ás 9:30 deste martes após os 1.013 quilómetros que separan ambas as cidades.
Óscar Gilsanz citou de novo ao seu cadro o mércores 19 de marzo na Cidade Deportiva para unha sesión que arrincará no céspede a partir das 11:00 horas.
A próxima cita en LaLiga Hypermotion para o Dépor será o domingo 23 de marzo ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR ante o FC Cartagena, correspondente á 32ª xornada.