Tanto o capitán José Ángel como o goleador Pablo Vázquez cren que o resultado "é xusto"
Jose Ángel, un dos novos capitáns do Dépor ademais de Ximo Navarro, e Pablo Vázquez pasáronse pola zona mixta do Estadio SkiFi Castalia.
O mediocentro andaluz cre que "se viu un partido intenso con moito ida e volta, moitísimas ocasións".
Admite que "na primeira parte tivemos moitos erros individuais que propiciaron moitas ocasións de gol deles. Ao final facendo balance o punto é xusto".
Define o partido como "bastante tolo no que tivemos nosas ocasiones pero eles tiveron moitísimas. Por tanto, hai que estar satisfeito co punto", reitera.
Finalmente José Ángel confesou que portar o brazalete de capitán foi "moi especial, un orgullo. O que máis feliz me pon é que faltando os capitáns pensasen en min. Eu sempre estou a disposición do equipo e se hai que ser capitán, adiante. É especial, con moito orgullo e estou moi contento por iso".
Pola súa banda, Pablo Vázquez afirma que "como se puxo o partido na segunda parte creo que sacamos un punto. As sensacións na primeira non foron boas, que nos deixamos eses duelos, esas segundas xogadas... Como se puxo o inicio da segunda parte (co segundo gol do CD Castellón) sacar un punto aquí ante un rival directo é importante".
O central deportivista, aínda que contento por marcar o gol do empate a 2, "non estaba contento coas sensacións do equipo" e cre que "podiamos ter máis opcións de marcar o terceiro pero non tivemos o noso mellor día nin o máis lúcido. Ao final o empate é xusto".
Finalmente non entende "como 4 señores nunha oficina, con 50 pantallas son incapaces de ver que lle pegan un patadón a Mella xusto no balón que precede ao gol. Gustaríame que saísen a explicar porqué non avisaron a Salva (o colexiado) para que vaia a ver a xogada ao VAR. Outra vez a remar contra moitas cousas. Logo tampouco entendo unha última falta a Mella que o varren no córner rival, lévano posto. E entre dúas persoas a 2 metros non ven falta. E bo, seguimos aí contra todo".
Iso si, Pablo Vázquez tamén ve necesario "mellorar outras moitas cousas para levarche puntos contra este tipo de equipos".