RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Primeiro triunfo hoxe sábado do Orzán SD Infantil A na Liga Galega previo a un apaixonante domingo co Dépor ABANCA B en Abegondo ante o CD Lugo

Mañá domingo 29 de setembro o protagonismo en ANOSACANTEIRA feminina será para o Deportivo ABANCA B, que recibe en Abegondo (11:30) ao CD Lugo.

As branquiazuis marchan na 3ª posición da Tercera Federación con 7 puntos, a 2 dos líderes, RC Celta e Olímpico de León.

Óscar Orro, técnico deportivista, poderá xa contar con Elena Vázquez e Redru, que participaron coa selección española sub-17 en dous amigables esta semana ante Portugal e México.

Na convocatoria está tamén Antía Veiga, a gardameta cadete que este luns se incorpora á concentración da selección española sub-16 en Las Rozas (Madrid).

Están citadas ademais estas xogadoras: Martina Rivas, Vázquez, Lucía Mariño, Paula Novo, Noelia Mayo, Paula Monteagudo, Laura Ruiz, Sara Cercido, Carmen Carballada, Laura Otero, Anfal El Yamani e Yanis Citoula; ademais de Emma Gandoy e Dunia Dahmouni, do Orzán SD Sub-21.

O encontro do Orzán SD Sub-21 en Primera Autonómica ante o Domaio FC (16:00 na Torre) e o do Orzán SD Xuvenil en Segunda Autonómica en Maniños (16:30) completan a xornada.

Hoxe sábado entraron en xogo os dous equipos infantís orzanistas, que ademais se enfrontaron entre si na Torre na 1ª xornada da Liga Galega.

Gañou o A (0-5, na foto inferior) con tantos de Valentina Fernández -2-, Helen Vega, Leire Vicente e Daniela Arrojo.

Ao Orzán SD Cadete tócalle descansar, polo que o seu primeiro partido na Liga Galega será a primeira fin de semana do mes de outubro.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera Federación
4ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CD LUGO, mañá domingo 29 de setembro ás 11:30 en Abegondo

Primera Autonómica
3ª xornada: ORZÁN SD SUB-21  - DOMAIO FC, mañá domingo 29 de setembro ás 16:00 na Torre (campo 2)

Segunda Autonómica
3ª xornada: CULTURAL MANIÑOS - ORZÁN SD XUVENIL, mañá domingo 29 de setembro ás 16:30 no campo de O Pote (Maniños)

Liga Galega infantil, subgrupo 1º
1ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 5 (Valentina Fernández -2-, Helen Vega, Leire Vicente e Daniela Arrojo)