RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, con pleno de vitorias hoxe domingo

O encontro entre o Deportivo ABANCA B, líder da Tercera Federación, ante o Sárdoma CF, 4º clasificado, hoxe domingo no campo 5 de Abegondo foi o encontro máis destacado en ANOSACANTEIRA feminina.

Venceron As Nosas (2-1) con tantos de Laura Otero e Vázquez para seguir á fronte da táboa.

Ademais do filial, o Orzán SD Sub-21 gañou ao Domaio FC (1-3) e o Orzán SD Infantil A (na foto da noticia) ao Santa Cruz CF (0-10).

No conxunto de Primera Autonómica, Claudia Sande participará nuns adestramentos coa selección española sub-15 de mañá luns 3 ao mércores 5 de febreiro en Las Rozas (Madrid).

Completou a xornada dominical o partido entre o Orzán SD Xuvenil e o Cultural Maniños de Segunda Autonómica na Torre, resolto con triunfo orzanista por 4-0.

Onte sábado, o Orzán SD Cadete e o Orzán SD Infantil B impuxéronse aos seus respectivos equipos do Silva SD (3-0 e 1-3 respectivamente).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Tercera Federación FutFem
18ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 2 (Laura Otero e Vázquez) - SÁRDOMA CF 1

Primera Autonómica
18ª xornada: DOMAIO FC 1 - ORZÁN SD SUB-21 3 (Daniela Macedo, Claudia Sande e Marta Moreno)

Segunda Autonómica
18ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 4 (Carmen Couto, Carmen Espadas, Martina Santamarina e Lola Nieto) - CULTURAL MANIÑOS 0

Liga Galega cadete
14ª xornada: ORZÁN SD CADETE 3 (Antía Losada, Lucía Gómez e Carla Álvarez) - SILVA SD 0

Liga Galega infantil
14ª xornada: SANTA CRUZ CF 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 10 (Carolina Lago -2-, Telma García, María López-Perales -2-, Helen Vega, Rosalía Valencia -2-, Inés Neira e Sofía Asensio)
14ª xornada: SILVA SD 1 - ORZÁN SD INFANTIL B 3 (Sasha Abigail e Bianca Ventureira -2-)