RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA e calendario de mañá domingo, co Fabril en Abegondo e o Xuvenil A en Pontevedra

Mañá domingo 9 de marzo destaca en ANOSACANTEIRA o encontro entre o Fabril, 5º na Segunda Federación cun partido menos xogado, ante o Rayo Cantabria, ás 12:00 (Youtube RC Deportivo) en Abegondo.

Os fabrilistas chegan ao choque após o triunfo en Escobedo (0-1) cun gol de Alfaro case no desconto.

Manuel Pablo recupera a Aarón e Luisao para o encontro.

O RC Deportivo mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Co Fabril, o Xuvenil A visita ao Pontevedra CF (12:15) e o San Tirso SD Infantil ao UD Santa Mariña (12:30); mentres que o San Tirso SD Cadete recibe ás 12:00 no Monte ao ED Xuventude de Oroso.

Hoxe sábado 8 gañaron en casa o Cadete ante o Escola Fútbol DSF (3-0) e o Infantil ante o Ourense CF (5-0); ademais do empate do Xuvenil B en Vigo ante o CD Areosa (2-2).

E concluíron a súa participación no grupo 1º da Primera A Coruña de fútbol 8 o Alevín A e o Benxamín A como campións e o Fabril FC Benxamín como subcampión.

Así mesmo, tres partidos adiantáronse ao fin de semana. 

Onte venres, o Alevín empatou en Abegondo (1-1) co CD Lugo na 2ª xornada do grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

O xoves 6 na Cidade Deportiva, o Fabril FC Alevín igualou sen goles (0-0) co Ural Español CF en choque da 18ª xornada na Primera A Coruña de fútbol 8 adiantado ao fin de semana debido á participación do cadro fabrilista nun torneo en Ginebra (Suíza).

Os fabrilistas conclúen esta primeira parte da temporada en 5ª posición con 27 puntos.

E o mércores 5, o Alevín A impúxose (6-0) ao CD Calasanz en choque correspondente á xornada 17ª na Primera A Coruña de fútbol 8 disputada a pasada fin de semana, e que foi aprazado no seu día debido á participación do conxunto branquiazul nun torneo amigable en León.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
26ª xornada: FABRIL - RAYO CANTABRIA, mañá domingo 9 de marzo ás 12:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 24ª xornada: PONTEVEDRA CF - XUVENIL A, mañá domingo 9 de marzo ás 12:15 no campo Manolo Barreiro 2

Liga Nacional, 23ª xornada: CD AREOSA 2 - XUVENIL B 2 (Gael e Xabi Campos)

Categoría cadete
División de Honra, 22ª xornada: CADETE 3 (Antón, Sabino e Elías Trigo) - ESCOLA FÚTBOL DSF 0
División de Honra, 22ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - ED XUVENTUDE DE OROSO, mañá domingo 9 de marzo ás 12:00 no Monte

Categoría infantil
División de Honra, 20ª xornada: INFANTIL 5 (Hugo Caridad, Thiago Montes, Iker Obeso, Álex Vidal e Javi Barral) - OURENSE CF 0
División de Honra, 20ª xornada: UD SANTA MARIÑA - SAN TIRSO SD INFANTIL, mañá domingo 9 de marzo ás 12:30 no campo de Cotogrande (Vigo)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 2ª xornada: ALEVÍN A 1 (Hugo Álvarez) - CD LUGO 1 

Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 17ª xornada (mércores 5): ALEVÍN A 6 (Hugo Álvarez -2-, Hugo Quintela, Alejandro Astray, Mateo Cortizas e Thiago López) - CD CALASANZ 0
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 18ª xornada: IMPERÁTOR OAR 0 - ALEVÍN A 15 (Nico Rodríguez-Ponce -5-, Lucas Albor -4-, Sergio Fernández -2-, Alejandro Astray, Hugo Quintela, Pablo Sánchez e Íker Ferreiro)

Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 18ª xornada (xoves 6): FABRIL FC ALEVÍN 0 - URAL ESPAÑOL CF 0

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 18ª xornada: CD CALASANZ 0 - BENXAMÍN A 10 (Nico Castro -5-, Martín Martelo -2-, Pablo Gómez, Leo Galbán e César Leira)
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 18ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Tomás Sánchez -2- e Xosé Varela) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2