Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA feminina e calendario de mañá domingo, con 3 partidos lonxe da Coruña
Nova fin de semana de competición para ANOSACANTEIRA feminina salvo para o Dépor ABANCA B, sen liga en Tercera Federación.
Hoxe sábado 5 xogáronse 2 partidos: o Orzán SD Cadete venceu ao Racing de Ferrol (0-2) e o Orzán SD Infantil B (5-3) no Municipal de Eirís ao Silva SD nun atractivo partido.
Para mañá domingo 6 queda o resto da xornada, con todos os partidos lonxe da Coruña. En Carballo xoga o Orzán SD Infantil A ante o Bergantiños CF (10:00 nas Eiroas), o Orzán SD Sub-21 en Tomiño (17:00 en O Alivio) e o Orzán SD Xuvenil en Lugo ante o CD Lugo B (16:00 no Municipal Rodríguez Lago).
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Primera Autonómica 26ª xornada: TOMIÑO FC FEMININO - ORZÁN SD SUB-21, mañá domingo 6 de abril ás 17:00 no campo de Ou Alivio (Tomiño)
Segunda Autonómica 26ª xornada: CD LUGO B - ORZÁN SD XUVENIL, mañá domingo 6 de abril ás 16:00 no Municipal Rodríguez Lago (Lugo)
Liga Galega cadete 21ª xornada: RACING DE FERROL 0 - ORZÁN SD CADETE 2 (Marta Moreno e Antía Losada)
Liga Galega infantil, segunda fase Grupo 1A, 3ª xornada: BERGANTIÑOS CF - ORZÁN SD INFANTIL A, mañá domingo 6 de abril ás 10:00 no Anexo das Eiroas
Grupo 2A, 3ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 5 (Amanda Ocampo, Daniela Loureiro, Nerea Cruz -2- e unha futbolista rival en propia meta) - SILVA SD 3