RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

Últimos días de inscrición para a convocatoria extraordinaria de probas de acceso ao Curso de Adestrador de Fútbol do RC Deportivo

A Consellería de Educación autorizou unha convocatoria extraordinaria para as probas de acceso ao Curso de Técnico Deportivo en Fútbol impartido pola Escola de Adestradores do RC Deportivo.

As probas realizaranse nas instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo o vindeiro xoves 19 de setembro ás 10:00. O prazo para presentar a documentación conclúe o martes 10 de setembro.

É posible solicitar máis información sobre o Curso de Adestradores do RC Deportivo, organizado polo Dépor Football Institute e que este ano alcanza o seu decimooctava edición, e inscribirse para estas probas de acceso, en dcs@rcdeportivo.es ou no 689 618 558.