RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucas Pérez ficha polo Dépor: O Neno volve a casa

Lucas Pérez Martínez (A Coruña, 10 de setembro de 1988) é novo xogador de RC Deportivo para o que resta de temporada e unha máis.

Após xogar e anotar onte co Cádiz o seu cuarto gol da temporada nos 15 partidos disputados entre LaLiga e a Copa del Rey, o RC Deportivo, o Cádiz CF e o futbolista coruñés chegaron a un acordo para o traspaso.

Deste xeito Lucas regresa ao Club co que máis partidos disputou na súa carreira, o RC Deportivo, co que se atopa a 4 choques de asinar o 100 vestido de branquiazul, algo que alcanzará na terceira categoría do fútbol nacional após unha enorme aposta persoal e deportiva para regresar a casa.

Nesta categoría xogou na temporada 2010-2011 co filial do Rayo Vallecano, anotando 5 goles en 14 partidos. Xa esa mesma temporada deu o salto a LaLiga e ao primeiro equipo do Rayo, comezando unha carreira na elite que o levou á Champions co Arsenal ou á Europa League co Paok e o Karpaty. 21 partidos, 7 goles e 6 asistencias son os números internacionais de Lucas Pérez. 28 en Copas Nacionais, con 9 goles e 6 asistencias; e 332 con 88 goles e 51 asistencias en partidos das diferentes ligas marcan unha carreira que continuará no Dépor por terceira vez após o seu paso por Rayo, Paok, Karpaty, Arsenal, West Ham, Alavés, Elche e Cádiz.

Lucas, que contará no RC Deportivo co patrocinio individual de Greenalia na súa camiseta co dorsal número 7, chegará nas próximas horas á Coruña para porse ás ordes de Óscar Cano na volta ao traballo do equipo o próximo día 3 e ser presentado oficialmente nas instalacións do Dépor ao longo da semana.

O patrocinio de Greenalia a esta fichaxe é unha mostra máis do compromiso da compañía de renovables coa comunidade galega. Nesta ocasión a través do apoio a un referente deportivo ao que esperan axudar a conseguir o soño. Greenalia é un produtor independente de enerxía exclusivamente con tecnoloxías renovables. A empresa usa só vento, sol e biomasa forestal, de restos de curtas de plantacións certificadas, para xerar e almacenar electricidade en harmonía coa natureza, achegando emprego e innovación nas zonas onde desenvolve a súa actividade. Greenalia ten a súa sede central na Coruña e desenvolve a súa actividade en Europa (Península Ibérica e Illas Canarias) e en USA.