RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor comeza mañá martes a preparar a visita do UD Sanse a ABANCA-RIAZOR

O Deportivo, que hoxe luns ten xornada de descanso, comeza mañá martes 24 de outubro en Abegondo a preparar a visita do UD San Sebastián de los Reyes a ABANCA-RIAZOR, prevista para o sábado 29 ás 19:00 horas (TVG-2 e InSports.tv).

Despois de 9 partidos neste grupo 1º de Primeira Federación, os branquiazuis marchan en 7ª posición con 15 puntos, a 2 puntos das posicións de playoff de ascenso.

Óscar Cano disporá de catro sesións matinais, unha delas, a do venres 28, en ABANCA-RIAZOR.

Cada vez que haxa actividade na Cidade Deportiva, os futbolistas están citados ás 9:00 para almorzar xa na instalación.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 25 de outubro
10:30 h., en Abegondo

Mércores 26 de outubro
10:30 h., en Abegondo

Xoves 27 de outubro
10:30 h., en Abegondo

Venres 28 de outubro
10:30 h., en ABANCA-RIAZOR

Sábado 29 de outubro
19:00: Deportivo - UD San Sebastián de los Reyes, en ABANCA-RIAZOR