RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor pon rumbo esta mañá a ABANCA-Balaídos

O cadro deportivista comezou esta mañá a preparar a seguinte cita ligueira, ante o RC Celta de Vigo B o sábado 24 de setembro ás 18:00 no Estadio ABANCA-Balaídos (TVG-2 e InSports.tv), en partido correspondente á 5ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

Os branquiazuis, con 7 puntos e un partido menos, marchan sextos na táboa, a 5 do líder, o Córdoba CF, con pleno de triunfos até o momento. Pola súa banda, o filial céltico é décimo terceiro con 4 puntos.

Borja Jiménez non quere perder nin un minuto e hoxe xa dispuxo unha serie de exercicios tácticos no campo 3 da instalación branquiazul. Ao choio desde o primeiro día para debuxar o plan de partido desta fin de semana.

A continuación, fútbol reducido, de alta intensidade, puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede, que arrancou á primeira hora con mobilidade e rondos.

Borja Granero foi hoxe o único futbolista con traballo individualizado baixo a supervisión de Álex Canosa, readaptador do primeiro equipo.

Mañá mércores 21 de setembro, o Dépor adestrarase en ABANCA-RIAZOR a porta pechada a partir das 10:30 horas. Será a primeira das dúas sesións previstas esta semana no estadio.