Após as probas radiolóxicas complementarias, os Servizos Médicos do Real Club Deportivo que dirixe o doutor Carlos Lariño confirmaron unha fractura no terceiro dedo da man dereita de Isi Gómez.
O futbolista madrileño tamén foi avaliado no propio vestiario de ABANCA-RIAZOR polo traumatólogo do Club, o doutor Rafael Arriaza e será intervido cirurxicamente nas próximas horas.