RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Alta intensidade no Dépor na primeira das sesións previas á visita ao CF Fuenlabrada

O Dépor puxo rumbo esta mañá en Abegondo ao Estadio Fernando Torres, escenario do partido este domingo 1 de outubro (12:00, FEF TV) ante o CF Fuenlabrada, correspondente á 6ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

Imanol Idiakez, após o día de descanso de onte martes, subiu a intensidade do traballo, que arrincou no campo 2 da Cidade Deportiva cunha activación con rondos. A continuación, o técnico deportivista dispuxo dunha tarefa de finalizacións por grupos e fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Paris Adot, en rolda de prensa esta mesma mañá, subliñou tamén a importancia do aspecto defensivo "porque se Unionistas e UE Cornellà non nos meteron gol, tivésemos máis puntos. Ter a portería a cero e facer un bo traballo defensivo é importantísimo". 

Explica que "o míster está a incidir niso. Hai que traballar os aspectos defensivos para encaixar os menos goles posibles e así estar máis preto da vitoria".

Deixa claro que "hoxe en día a defensa non só é dos defensas, senón de todo o equipo. Levamos xa algunhas semanas incidindo niso".

Con Yeremay, Mella, Ximo e Barbero con traballo personalizado supervisado polo readaptador Álex Canosa, hoxe mércores Martín Ochoa, Diego Gómez, Jairo, Rubén e Álvaro Santamaría foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Precisamente sobre os canteiráns falou Paris Adot, a preguntas dos medios de comunicación. O defensor deportivista veos "moi ben. O outro día tamén felicitei a Martín Ochoa porque estivo moi ben nos minutos que participou. E iso é o importante, xente nova con ganas de achegar. Nunha entrevista falei de Yeremay, que esa xente hai que coidala, hai que darlle oportunidades e nós estamos aquí para axudarlles. Paréceme moi importante que xogadores do Fabril vaian entrando ou vaian achegando o seu granito de area. E máis que teñen que achegar", concluíu.

Mañá xoves, Os Nosos adestraranse de novo en Abegondo a partir das 10:30 horas, con almorzo previo para o cadro a partir das 8:45.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK