As canteirás Patri López e Carlota, novidades na lista do Dépor ABANCA
O Dépor ABANCA visita ao Rayo Vallecano mañá domingo 16 de febreiro (18:30 horas, Cidade Deportiva do Rayo Vallecano), en partido correspondente á 20ª xornada na Primeira Iberdrola.
Manu Sánchez, en rolda de prensa, cualificou ás rayistas de "un moi bo equipo e sobre todo moi sólido. Imos tentar recuperar esa boa senda que levabamos en liga. Agora véñennos tres partidos moi seguidos, co partido de Vallecas, o aprazado ante a Real Sociedad e despois o Sporting Huelva o sábado. Imos ver se podemos sacar un bo número de puntos para seguir aí arriba enganchados".
Manu Sánchez leva a Madrid a 18 futbolistas, entre as que sobresaen as canteirás Patri López e Carlota. Quedan fóra de maneira obrigatoria Alba Merino, sancionada; e Laura, con molestias nun xeonllo.
Esta tarde, ás 18:30, o equipo adestrarase na Cidade Deportiva do Real Madrid en Valdebebas, na última sesión previa ao choque ante as vallecanas.
O Dépor ABANCA viaxa esta mañá, segundo esta folla de ruta:
Sábado 15 de febreiro 9:00: Saída en autocar a Madrid e comida en ruta 16:30 (horario aproximado): Chegada ao hotel AC Coslada 18:30: Adestramento na Cidade Deportiva do Real Madrid en Valdebebas
Domingo 16 de xaneiro 18:30: Rayo Vallecano - Deportivo ABANCA, na Cidade Deportiva do Rayo Vallecano Ao concluír, regreso en autocar á Coruña