RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, con descanso para o Dépor ABANCA B

ANOSACANTEIRA feminina arrinca unha nova fin de semana de competición salvo para o Dépor ABANCA B, sen liga en Tercera Federación.

Mañá sábado 5 xóganse 2 partidos: o Orzán SD Cadete visita ao Racing de Ferrol (12:15 na Gándara) e o Orzán SD Infantil B recibe no Municipal de Eirís ao Silva SD (10:30).

Para o domingo 6 queda o resto da xornada lonxe da Coruña. En Carballo xoga o Orzán SD Infantil A ante o Bergantiños CF (10:00 nas Eiroas), o Orzán SD Sub-21 en Tomiño (17:00 en O Alivio) e o Orzán SD Xuvenil en Lugo ante o CD Lugo B (16:00 no Municipal Rodríguez Lago).

O calendario de partidos é o seguinte:

Tercera Federación
Clasificación: Deportivo ABANCA B, 67 puntos; 2. Olímpico de León, 66 puntos; 3. RC Celta, 63 puntos...

Primera Autonómica
26ª xornada: TOMIÑO FC FEMENINO - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 6 de abril ás 17:00 no campo de O Alivio (Tomiño)
Clasificación: 1. Orzán SD Sub-21, 63 puntos; 2. RC Celta B, 61 puntos; 3. EFM Concello de Boiro, 59 puntos... 5. Tomiño FC Femenino, 42 puntos...

Segunda Autonómica
26ª xornada: CD LUGO B - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 6 de abril ás 16:00 no Municipal Rodríguez Lago (Lugo)
Clasificación: ... 3. UD Carral, 54 puntos; 4. Orzán SD Xuvenil, 51 puntos; 5. Sporting Burgo, 48 puntos... 10. CD Lugo B, 27 puntos...

Liga Galega cadete
21ª xornada: RACING DE FERROL - ORZÁN SD CADETE, mañá sábado 5 de abril ás 12:15 no campo da Gándara (Ferrol)
Clasificación: 1. Orzán SD Cadete, 51 puntos; 2. Victoria CF, 48 puntos; 3. Racing de Ferrol, 46 puntos... 

Liga Galega infantil, segunda fase
Grupo 1A, 3ª xornada: BERGANTIÑOS CF - ORZÁN SD INFANTIL A, o domingo 6 de abril ás 10:00 no Anexo das Eiroas

Grupo 2A, 3ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B - SILVA SD, mañá sábado 5 de abril ás 10:30 no Municipal de Eirís