RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Cani, novo xogador do Deportivo

Rubén Graza Calmache (Zaragoza, 3 de agosto de 1981), coñecido futbolísticamente como Cani, firmó esta mañana o seu contrato que o vincula por unha tempada co Deportivo, tras desvincularse do Vilarreal.

O novo centrocampista branquiazul aterrou onte á noite no Aeroporto da Coruña, e esta mañá superou o recoñecemento médico no HM Hospital Modelo. Este exame médico, rutineiro en cada nova incorporación ao Club, foi o paso previo ao peche dos acordos entre ambas as partes.
Cani formouse na canteira do Real Zaragoza, Club da súa cidade natal. Tras militar tres tempadas no primeiro equipo do conxunto maño, en 2006 chegou ao Vilarreal, equipo no que militou ata o mes de xaneiro de 2015, no que recalou no Atlético de Madrid en calidade de cedido ata final de tempada. Con 385 partidos de Liga ás súas costas, convértese nun dos futbolistas con máis experiencia do vestiario branquiazul.

Mañá sábado, Cani adestrarase xa en Abegondo cos seus novos compañeiros, a partir das 10.00 horas.