Carlos Rosende e Juan Giménez non continuarán no RC Deportivo
Carlos Rosende e Juan Giménez non cotinuarán na Secretaría Técnica do RC Deportivo, que dirixían e á que se incorporaron hai dous anos para afrontar a temporada 2021-2022.
O RC Deportivo quere agradecer moi sinceramente a Carlos e a Juan a súa profesionalidade e o seu traballo durante estas dúas temporadas no Club, desexándolles os maiores éxitos nos seus futuros proxectos profesionais.