RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
SAN TIRSO SD

Comprensible derrota do San Tirso SD Infantil ante o RC Celta

O San Tirso SD Infantil non puido frear na Madroa (6-1) o potencial do RC Celta, en partido correspondente á 17ª xornada na División de Honra.

Antón Vilariño foi o autor do único tanto dos 'verdes' ante un dos aspirantes ao título.

Con este resultado, o San Tirso SD Infantil é 10º na táboa con 22 puntos.

San Tirso SD Infantil: Roque López, Antón Vilariño, Manu Alcázar, Hugo Ferreiros, Hugo Fernández, David Ramos, Javi Barros, Gandarela, Álex Martínez, Pablo Barral e Cabaleiro. Tamén xogaron: Brais Taín, Mateo Varela, Daniel Alonso, Javi Barral e Mario González.

A próxima fin de semana non hai liga debido á participación da selección galega sub-14 na Fase de Plata do Campionato de España por autonomías que se disputa en Cádiz, e á que acudirán Antón Vilariño e Hugo Ferreiros. 

Así pois, en 15 días, o Infantil recibirá no Monte ao UD Santa Mariña.

Os resultados até a data do San Tirso SD Infantil son os seguintes:

CD Conxo Santiago 5 - San Tirso SD Infantil 1 (Gandarela)
San Tirso SD Infantil 2 (Álex Martínez e Gandarela) - RC Celta 3
UD Santa Mariña 2 - San Tirso SD Infantil 4 (Gandarela -2- e Yael -2-)
San Tirso SD Infantil 2 (Gandarela e Yael) - CD Lugo 4
Deportivo 5 - San Tirso SD Infantil 0
San Tirso SD Infantil 3 (Hugo Ferreiro, Álex Martínez e Lucas) - CD Areosa 2
Victoria CF 4 - San Tirso SD Infantil 1 (un futbolista rival en propia meta)
San Tirso SD Infantil 6 (Hugo Ferreiros -2-, Manu Alcázar, Mateo Varela, Gandarela e Hugo Caridade) - EF Porteiro 2000 3
San Tirso SD Infantil 0 - ED Val Miñor Nigrán 2
Pabellón Ourense CF 2 - San Tirso SD Infantil 2 (Mario González e Antón Vilariño)
San Tirso SD Infantil 2 (Gandarela e Pablo Barral) - AJ Lérez 1
Arosa SC 0 - San Tirso SD Infantil 1 (Pablo Barral)
San Tirso SD Infantil 4 (Pablo Barral -2-, Gandarela e Javi Barral) - Bertamiráns FC 0
Escola Fútbol DSF 1 - San Tirso SD Infantil 0
San Tirso SD Infantil 2 (Antón Vilariño e Íker Obeso) - Ural Español CF 0
San Tirso SD Infantil 0 - CD Conxo Santiago 3
RC Celta 6 - San Tirso SD Infantil 1 (Antón Vilariño)