RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Cristian Herrera completa o cadro do Dépor

Cristian Ignacio Herrera Pérez (Las Palmas de Gran Canaria, 13 de marzo de 1991), coñecido futbolísticamente como Cristian Herrera, completa o cadro do Deportivo a expensas do recoñecemento médico.

O futbolista canario, que pode actuar en todas as posicións do ataque, asina como axente libre para esta temporada 2024-25 con opción de ampliación unha campaña máis.

Cristian Herrera ten unha dilatada traxectoria no fútbol español, con 55 goles marcados nas últimas 7 campañas.

Formado na canteira da UD Las Palmas, pasou por clubs como o Elche CF, UD Almería, FC Girona, CD Lugo e UD Ibiza.

En LaLiga Hypermotion acumula en total 284 partidos con 58 goles e 19 asistencias; e en LaLiga EA Sports participou en 55 partidos con 5 goles e 1 asistencia.

Contabiliza ademais 22 partidos de Copa del Rey, con 5 goles e 3 asistencias.