RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

David Mella dá o salto ao primeiro cadro

David Mella Boullón (Santiago de Compostela, 23 de maio de 2005) convértese para todos os efectos en xogador do primeiro cadro, lucindo o dorsal número 3.

O canteirán renovou o seu contrato co RC Deportivo até xuño de 2026 o pasado 19 de xullo.

Mella é un produto da Cidade Deportiva de Abegondo. Chegou a #ANOSACANTEIRA ao equipo alevín na temporada 2016-17. Aínda en idade cadete, proclamouse campión de España co Xuvenil A (temporada 2020-21) ás ordes de Óscar Gilsanz.

A campaña seguinte (2021-22), xuvenil de primeiro ano, foi un dos destacados na histórica participación do Dépor na UEFA Youth League, con partidos memorables en ABANCA-RIAZOR (como o da foto da noticia) que asombraron a toda Europa polo xogo e polo ambiente grazas a #ANOSAFORZA.

Xa un dos fixos no Fabril de Tercera RFEF co que conseguiu o ascenso a Segunda Federación a temporada pasada (2022-23) como campión do Grupo 1, aos poucos foi participando no primeiro equipo, primeiro en adestramentos e logo en partidos amigables durante a pretemporada (o verán de 2022 foi a primeira) ata que o 20 de maio de 2023 debutou en partido oficial en ABANCA-RIAZOR ante o Algeciras CF saíndo desde o banco e á semana seguinte foi titular ante o Pontevedra CF en Pasarón no peche da liga.

Após facer a pasada pretemporada xa co primeiro equipo, ás ordes de Imanol Idiakez participou en 14 partidos de liga, marcou 1 gol e deu 1 asistencia; e 2 partidos de Copa del Rey, con 2 goles.

David Mella ademais foi internacional con España en categorías sub-15, sub-16, sub-17, sub-18, sendo convocado para varios adestramentos coa sub-19. Tivo a oportunidade de xogar un Campionato de Europa sub-17, onde anotou 1 gol; nun torneo no que España foi apeada por Portugal en cuartos de final.