David Mella incorpórase hoxe xoves á concentración da selección española sub-17
A selección española sub-17 que dirixe Julen Guerrero convocou a David Mella para un torneo internacional que se xogará no Algarve (Portugal) do venres 11 ao martes 15 de febreiro.
O canteirán deportivista viaxa hoxe xoves á concentración do equipo nacional despois de disputar onte en ABANCA-RIAZOR co Xuvenil A a histórica eliminatoria da UEFA Youth League ante o FC Dynamo Kyiv.
Os rivais de España neste torneo serán Eslovaquia, Alemaña e Portugal. O calendario de partidos de David Mella co combinado nacional é o seguinte:
Venres 11 de febreiro 16:00: ESLOVAQUIA - ESPAÑA, no Estadio Municipal de Lagos
Domingo 13 de febreiro 16:00: ESPAÑA - ALEMAÑA, no Estadio Municipal de Lagos
Martes 15 de febreiro 12:00: PORTUGAL - ESPAÑA, no Estadio Municipal Bela Vista
Por este motivo, será baixa este domingo 13 de febreiro (16:30) no partido que o Fabril disputa en Abegondo ante o Ourense CF.
David Mella xa participou o pasado mes de xaneiro nunhas xornadas de adestramento da selección española sub-17 en Alfaz del Pi (Alacante). Naquela ocasión coincidiu cunha concentración da selección española sub-19 na que estaban tamén os deportivistas Noel, Trilli e Dani Barcia.