RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

David Mella xa está no seu domicilio após ser operado onte no Hospital QuirónSalud A Coruña

David Mella foi intervido cirurxicamente a última hora da tarde de onte domingo polo doutor Ángel Álvarez Jorge no Hospital QuirónSalud A Coruña dunha fractura complexa dos ósos propios do nariz.

O canteirán pasou a noite no citado centro médico coruñés e recibiu o alta hospitalaria esta mesma mañá.

Mella estará uns días con repouso deportivo e, en función da súa evolución, iniciará a continuación a fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso, con protección facial, aos adestramentos co grupo.