RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Exercicio de finalizacións no campo 3 nunha xornada de recuperación para Os Nosos

Un exercicio de finalizacións despois dunha activación con rondos foi a tarefa principal de Os Nosos esta mañá nunha xornada de recuperación despois das dúas últimas sesións de alta intensidade.

Óscar Gilsanz confirmou en rolda de prensa que "Escudero, Ximo e Gauto están fóra do grupo. Jaime incorporouse esta semana co cal xa pode entrar na convocatoria".

De Obrador, desvelou que "ten algunha molestia. Está a se incorporar ao grupo. Quedan dúas sesións de adestramento. Imos ser cautos con el".

Así mesmo, o técnico deportivista explicou que "estivo un pouco dolorido durante a semana. Onte cubriu a sesión con algunha que outra molestia pero cremos que está en perfectas condicións para o domingo".

Esta mañá estivo con adestramento personalizado Charlie Patiño.

Mardones e a meta xuvenil Anxo foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Mañá sábado 5 de abril o Dépor adestrarase a partir das 11:00 horas en Abegondo no último ensaio previo á visita do Cádiz CF a ABANCA-RIAZOR, previsto para este domingo 6 de abril ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e #Vamos).