Imanol Idiakez deixa de ser adestrador do RC Deportivo
O RC Deportivo informa que, após unha exhaustiva avaliación do rendemento do equipo e a súa traxectoria na presente temporada, decidiu prescindir dos servizos de Imanol Idiakez como adestrador do primeiro equipo.
Agradecemos a Imanol Idiakez a súa dedicación e esforzo durante o seu tempo no Club, así como pola súa gran achega no ansiado ascenso da temporada pasada. Foi un exemplo de compromiso e profesionalidade, e desexámoslle moito éxito nos seus futuros proxectos.
Nos próximos días, o Club anunciará o nome do novo adestrador. A sesión de traballo deste luns dirixiraa Roberto Cabellud. Seguiremos traballando para lograr os obxectivos que a historia do Club e a nosa afección merecen.