Mañá de traballo e recuperación de forzas no Pinatar Area Football Center
O Deportivo realizó hoxe luns un adestramento no Pinatar Area Football Center co persoal de 26 xogadores dividida en dous grupos.
Os titulares onte ante o Málaga tiveron estiramentos e carreira continua sobre o céspede; e recuperación na zona de auga do citado complexo.
Para os suplentes houbo un adestramento normal, con ximnasio primeiro; e xa nun dos campos rondos, un exercicio de posesión e fútbol en espazo reducido.
Esta tarde, os futbolistas terán a tarde libre.
Mañá martes, o equipo adestrarase a porta pechada a partir das 17.30 horas no Pinatar Area. Pola mañá, haberá sesión de vídeo e Víctor Sánchez do Amo comparecerá en rolda de prensa antes da comida.