Walter Pandiani, dianteiro uruguaio do Peñarol de 23 anos e máximo anotador do seu equipo, foi fichado polo Deportivo da Coruña. O xogador, con pasaporte comunitario, e o club de Montevideo chegaron a un acordo co Club branquiazul para o traspaso do diant
O contrato é aínda extraoficial, a falta das firmas definitivas, pero no mesmo acórdase o traspaso ao equipo uruguaio do deportivista Sergio "Manteiga" Martínez, que tamén está conforme co cambio.
De momento non se sabe que será de Pandiani xa que pode incorporarse á disciplina branquiazul en decembro ou, o máis probable, xogar cedido ata final de tempada ben no propio Peñarol ou na Boca.
O acordo é por cinco anos e medio, isto é, o que queda de aquí a final de tempada e cinco anos máis.
Na rolda de prensa na que se anunciou a fichaxe, coa intención de frear as filtracións dos días pasados, Augusto César Lendoiro aproveitou a ocasión para anunciar que no próximo mes de xaneiro haberá unha reunión para a renovación de Songo'ou e Kouba. Así mesmo, Augusto César Lendoiro confirmou a existencia dun novo contrato con Rubio, "satisfactorio para todas as partes", polo que o xogador estará dous anos xogando no Real Madrid como formación e ao final deses dous anos haberá unha opción unilateral polo Deportivo segundo a cal se o Club herculino está interesado, poderá dispor dos servizos do xogador durante 3 anos máis.
Tras a rolda de prensa o Deportivo da Coruña convidó aos representantes dos medios de comunicación a un viño.