O Deportivo impúxose por dous tantos a cero ao Negreira no primeiro partido da Copa Xunta de Galicia.
Grazas a un tanto de Sergio na primeira parte do partido e a outro de Cristian a falta de 10 minutos para terminar o encontro,
o Dépor faise cos primeiros 3 puntos na clasificación da copa galega. A aliñación inicial foi a mesma que derrotou ao Milan
na final do pasado Trofeo Teresa Herrera, entrando no segundo tempo Manuel Pablo, De Guzmán, Iago, Estoyanoff, Verdú, Cristian, Taborda aos que se lles sumou o debut da
última incorporación ás filas dos branquiazuis, Carlos Alcántara.