RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Miguel Figueira cre que a herba natural de Abegondo "achega moito aos mozos ao fútbol profesional"

Miguel Figueira subliñou na sala de prensa de Abegondo que "temos unha vantaxe moi importante como canteira con respecto ao resto. É certo que Sporting de Gijón e Oviedo teñen campos de herba natural. Nós adestramos todo o ano en herba natural. Este campo 8 de herba artificial permítenos que eses días de choiva cos campos embarrados podamos adestrar e estar tranquilos".

Cre que "o ter este campo de herba natural achega moito aos mozos ao fútbol profesional. E iso dános un plus e unha vantaxe á hora de competir en casa".

Conclúe que "a principal vantaxe que temos en casa son os nosos campos e os nosos terreos de xogo".

Ante o derbi ante o RC Celta en Abegondo do próximo domingo 6 de abril ás 12:00 (YouTube RC Deportivo), primeiro e segundo da División de Honra separados por 2 puntos á fronte da táboa, o técnico deportivista lembra que "temos un calendario moi complexo. Temos que ir a Santander e logo vén o Oviedo. Non me vai a cambiar a formulación de empatar, gañar ou perder. Se perdes estás a expensas do que faga o RC Celta. Quedariamos un pouco atrasados. De gañar 5 puntos de vantaxe son moitos. Nós levamos 66, eles 64 puntos. O ano pasado gañamos a liga con 69 puntos. Son moitos puntos e fala moi ben do nivel que estamos a ter".

Miguel Figueira sostén que "este ano máis que nunca calquera dos dous que gañe a liga é por merecemento propio. O RC Celta fixo unha primeira volta e un primeiro tramo da segunda volta espectacular, cun nivel de xogo altísimo. Eles varían a súa metodoloxía, con sistemas de xogo diferentes e este ano atoparon un sistema de xogo cun cadrado no medio no que dominan os partidos. Nós aguantamos moi ben o tirón. Tivemos momentos difíciles con lesións e incorporacións de rapaces do Xuvenil B. A clave era formar xogadores nunha competición moi dura como a División de Honra. Pero calquera dos dous que gañe e vaia á Fase de Campións será por merecemento propio".

Conclúe que "sacarlle 10 puntos ao Sporting e 18 ao Racing de Santander e Oviedo fala moi ben das canteiras galegas".

Finalmente recalca que "temos xogadores preto de debutar co primeiro equipo. Guerrero, Samu Fernández, Pablo García, Manu Ferreiro ou Noé que agora está lesionado están moi preto de poder debutar. Estes últimos partidos foron Samu e Mardones co primeiro equipo. No Fabril están a xogar continuamente Manu Ferreiro, Guerrero e estes dous últimos partidos Mario Hermo porque Mardones estaba arriba. Esa naturalidade axuda aos mozos a concentrarse mellor no día a día e ter a expectativa de poder debutar".